Tengo obra en esta expo. Si alguno se pasa por Lugo a tomar unas tapas... de paso..
31/03/2009Presentación da exposición: Rexistros abertos. Materias, contextos e narrativas na arte galega actual O vicepresidente, Antón Bao, xunto coa directora do MPL, Aurelia Balseiro, e a comisaria da mostra, Verónica Santos, presentaron hoxe a exposición "Rexistros abertos . Materias, contextos e narrativas na arte galega actual" que se vai inaugurar o vindeiro venres, 3 de abril de 2009, ás 20:00 horas, e que vai permanecer na Sala de Exposicións do Museo Provincial de Lugo ata o 31 de maio de 2009.
O acto de inauguración vai estar amenizado polo grupo Standar Sound, composto por David Bellas (saxo), Felipe Sánchez (guitarra e voz) e Luis Blasco (percusión).
REXISTROS ABERTOS
Baixo a epígrafe Rexistros abertos. Materias, narrativas e visións na arte galega actual, preséntase un proxecto expositivo que pretende amosar unha serie de percepcións sobre o panorama da plástica actual en Galicia a través de creadores e obras que abren camiños de tránsito constante ligados á arte galega contemporánea. A selección aquí proposta ten como pretensión indagar e amosar
claves matéricas, formais, temáticas e relacionais… vixentes na plástica galega recente.
Un rexistro é o lugar onde inscribir unha serie de datos, é unha listaxe obxectual ou matérica, fisicamente comprobable…; á vez pode ser o primeiro paso para unha definición posterior ou unha clasificación inicial, que dalgún xeito garante unha marca ou unha pegada, válida para unha lectura do presente ou un futuro a curto prazo, para incluso tornarse perpetua. O rexistro lévanos tamén ao territorio da memoria, quedando o obxecto rexistrado como elemento exponencial, substancial ou inherente á bagaxe propia e colectiva.
En relación cos creadores e coas pezas artísticas seleccionadas (bidimensionais, visuais, sonoras, volumétricas ou dialogantes co espazo) abrimos un substrato ao que están adheridos uns argumentos temáticos que nesta mostra se converten en rexistros vixentes:
A materia: o traballo coa materia e as súas múltiples implicacións (ligada á forma, pero tamén ao territorio, ás esencias…), a xperimentación formal…; o matérico como canal ou tránsito ao temático.
O tempo e as súas derivacións infinitas (cuestións de pegada vital, transcendental, filosófica…; as alusións ao azar ou que enlazan
co onírico, a evocación ou a inxenuidade).
O medio e a relación co ambiente (natural, urbano, social, os medios de comunicación e o impacto mediático, as alusións á
política… como feito presente ou de interpretación histórica) confluíndo esencialmente no espazo (relación corpo/espazo,
corpo/contexto –reflexións de xénero- individuo/colectividade, privado/colectivo).
A narración (ficcións narrativas, a recreación, o conto, a ensoñación, o irónico, o satírico… en relación co relato, referencias
literarias…).
Existe tamén unha pretensión neste proxecto de plasmar as visións dentro/fóra, a dicotomía –intersticios ou interpretacións críticasentre a identidade e o global, recorrentemente presentes no debate da contemporaneidade.
O resultado final desta exposición é o de amosar diversos rexistros que, sen dúbida, dan lugar a múltiples interrelacións (os temas ou contidos convértense en materias, as narracións están vehiculizadas pola imaxe…) entre os artistas e as obras representadas. Deste xeito, un dos obxectivos primordiais da mostra é conducirnos ata a posibilidade de abrir outros substratos onde xe xera, de seguro, un número non esgotado de continuas indagacións e/ou construcións alternativas.
Rafael Lens e Verónica Santos (Comisarios)
__________ARTISTAS
MÓNICA ALONSO
JORGE BARBI
VICENTE BLANCO
BERTA CÁCCAMO
VARI CARAMÉS
FERNANDO CASÁS
SALVADOR CIDRÁS
VICTORIA DIEHL
SUSO FANDIÑO
FÉLIX FERNÁNDEZ
FRANCISCO LEIRO
DIN MATAMORO
CHELO MATESANZ
TATIANA MEDAL
ANTONIO MURADO
NANO 4814
ÁLVARO NEGRO
CARME NOGUEIRA
IGNACIO PARDO
MANOLO PAZ
IGNACIO PÉREZ-JOFRE
JORGE PERIANES
IVÁN PRIETO
RUBÉN RAMOS BALSA
RITA RODRÍGUEZ
ACTIVIDADES CULTURAIS COMPLEMENTARIAS Á EXPOSICIÓN
Inauguración
Benvida musical amenizada polo grupo Standar Sound, composto por David Bellas (saxo), Felipe Sánchez (guitarra e voz) e Luis Blasco (percusión). Repertorio de música contemporánea e improvisación jazzística.
Mesa redonda: Visións abertas: abordaxe á arte galega actual
Xoves, 7 de maio, ás 19:30 horas coa intervención dun representante da crítica de arte, un representante dos artistas que participan na mostra, un profesor/a de contidos artísticos, un galerista profesional, os comisarios e a directora do MPL como moderadora.
Visitas comentadas para estudantes de arte e público en xeral
-Martes, 28 de abril, ás 19:30 horas, a cargo de Verónica Santos, comisaria da mostra.
-Luns, 18 de maio, ás 19:30 horas, a cargo de Rafael Lens, comisario da mostra
-Xoves, 28 de maio, ás 19:00 horas, varios artistas comentan na sala a súa obra.
Concerto
Xoves, 28 de maio, ás 19:00 horas, concerto do grupo de vento do conservatorio de Viveiro.
Obradoiros
-Obradoiro experimental de creación musical a cargo de Arturo Vaquero
Sábado, 25 de abril, entre as 11:00 e as 13.00 horas
Con inscrición previa. Limitado a 15 participantes entre os 8 e os 14 anos.
-A creatividade sen límites, obradoiro experimental de creación artística a cargo de Iván Prieto
Sábado, 16 de maio, entre as 11:00 e as 13:00 horas.
Con inscrición previa. Limitado a 15 participantes entre os 8 e os 14 anos.
Visitas guiadas con obradoiro para grupos escolares
Visitas guiadas para grupos escolares a partir de 4º de E. Primario, ESO, BAC e Ciclos. Contan con Unidade Didáctica e é imprescindible a concertación previa a través do Departamento de Didáctica do MPL, tfno.: 982 24 21 12 / 982 242 300.
__________Horarios de visita
Luns a venres: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20:30 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.
Entrada gratuíta
Museo Provincial de Lugo
Praza da Soidade s/n
27001 Lugo
Tfno.: 982 242112
info@museolugo.org